Lalín celebra a sétima edición da súa Folidada, o festival folk

A Foliada soa en Lalín

11/7/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Naceu como alternativa ao festival de Ortigueira e xa leva sete edicións. A Foliada é o festival folk que organiza a Asociación Cultural Berra na Carballeira das Casianas, en Lalín. Este ano o programa ábrese hoxe co grupo “Non residente” que está formado por varios picadiscos, seguido polos santiagueses Psicofónica de Conxo e polo grupo escocés Shooglenifty. O festival continuará ata o domingo e haberá acampada libre e gratuíta no recinto en que se celebran os concertos.

Máis información no web da Foliada

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Folk, Festival de Ortigueira, Conxo...

Claves

Conceptos