O xurado do V Premio de Investigación sobre o Camiño de santiago e das Peregrinacións non o tivo doado este ano. E por iso decidiu conceder o galardón -que premia os traballos de investigación ao redor deste fenómeno cultural e histórico- ao traballo de dous recoñecidos investigadores. Por unha banda, Patxi Pérez Ramallo, coa súa tese de doutoramento Pilgrimage to Santiago de Compostela. Osteological and Biomolecular Analysis of Medieval Individuals, defendida na Universidade do PaÃs Vasco en 2021. Nela profundizou no coñecemento das dinámicas de movemento do Camiño de Santiago na Idade Media a través da análise de esqueletes de peregrinos mortos durante a viaxe. Pola outra, o historiador Victoriano Nodar, que presentou o libro El Bestiario de la Catedral de Santiago de Compostela: Espacio, Función y Audiencia no que analiza a abundante presenza de bestas reais ou fantásticas nos capiteis da catedral de Santiago e o seu papel simbólico e dogmático dentro do monumento. Victoriano Nodar é tamén autor dos roteiros "Afonso X e Galicia" publicados no noso web. O premio está convocado pola Cátedra Intitucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da Universidade de Santiago, dirixida polo profesor Miguel TaÃn. Os gañadores recibirán 500 euros cada un.