A Cátedra do Camiño publica novas investigacións sobre a herdanza cultural do itinerario

Achegan estudos sobre o tempo na peregrinación medieval, o teatro portugués ou a novela histórica

Xa están dispoñibles na rede os resultados das tres investigacións patrocinadas pola Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela durante o pasado ano 2021. Os traballos propoñen temas de investigación ao redor do fenómeno da peregrinación xacobea. O arquiveiro Xosé M. Sánchez presentou o traballo "Tiempo y viaje. el tiempo y los tiempos en la peregrinación a Santiago de Compostela en la Edad Media", centrándose nas fontes históricas que fan mencións temporais no contexto de Santiago de Compostela. Maria Isabel Morán Cabanas estudou a presenza da temática xacobea no pre-teatro portugués dos séculos XV e XVI en Peregrinação a Compostela na origem do teatro português e Israel Sanmartín dirixe a ivnestigación sobre a presenza do Camiño de Santiago na novela histórica actual e o discurso subxacente a estes escenarios, así como o neomedievalismo, a representación da Idade Media no mundo contemporáneo. Os traballos poden ser consultados no web da propia Cátedra.