Arte e poesía explícita en Ourense no festival 'Imos ter máis que palabras'

Hoxe celébrase a terceira edición con oito propostas para unha gala variada e alternativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Arte e poesía explícita en Ourense no festival 'Imos ter máis que palabras'

O Teatro Principal de Ourense acolle hoxe ás 21:00 horas a terceira edición de "Imos ter máis que palabras", o evento que se presenta como "festival de arte e poesía explícita en Ourense" e que reunirá oito propostas con nome propio que transitan polos camiños da poesía, a fusión, a interpretación e a música. O resultado será unha noite de espectáculo no que a poesía tomará o espazo de diversos xeitos. A veteranía no alternativo de Antón Reixa encontrarase sobre o escenario do Principal coas propostas do rapeiro Steven Russo (Maceda); a fusión galego-arxentina de Catuxa Salom; a escenificación poético musical de Pompa e Boato (Samuel Merino + Fernán Permuy); a dramatización de Luna Gallego (Madrid - Ourense)e as voces poéticas ourensás de Natalia Umpiérrez; Ileltxu Marcos e Nia Aydillo. A noite ofrece así un percorrido artístico de profundidade e moi variado. Aínda hai entradas á venda para este festival.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Catuxa Salom, Samuel Merino, Antón Reixa...