As artes escénicas centran a programación do Teatro Principal de Ourense

Mantén os prezos das entradas e estrea páxina web

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
As artes escénicas centran a programación do Teatro Principal de Ourense

O Teatro Principal de Ourense recupera o seu ritmo anual cunha programación variada para este segundo semestre. En total 26 espectáculos de teatro e música cuxo orzamento é de 116.896 euros. No aparto teatral destaca o feito de que Ourense será o escenario no que comezará a xira da última montaxe de Nuria Espert, A loba e que acollerá diferentes representacións de teatro galego como A funcion do Tequila, o vindeiro espectáculo do CDG O profesional ou Rosa de dous amores. No que se refire á música celebrase o Blues Festival no que participarán Marcus Malone Band e Giles Robson&The Dirty Aces. A programación conclúe en decembro coa Mostra de Teatro Infantil (MOTI) que conta con 4 espectáculos. A entidade estrea páxina web e mantén os prezos das entradas.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Teatro Principal de Ourense, Artes Escénicas...