Cinco castros de Pontevedra acollerán visitas teatralizadas

A Deputación organiza o ciclo Historias cavadas ao longo do mes de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cinco castros de Pontevedra acollerán visitas teatralizadas

Castrolandín, en Cuntis, inaugura este 9 de setembro o ciclo de visitas teatralizadas a castros Historias cavadas. A Deputación de Pontevedra coordina este proxecto que permitirá coñecer ao longo deste mes cinco xacementos castrexos da provincia da man dunha castrexa e dun romano. Troula animación leva a escena esta iniciativa cunha perspectiva que mestura a didáctica e a comedia para público familiar.

En total serán 300 prazas abertas ao público, o duplo que na edición de 2021, que se repartirán entre dez visitas. Castro de Castrolandín (Cuntis) os días 9 e 23 setembro; o Castro dos Cubos (Monte Aloia, Tui) os días 16 e 17 setembro; o Castro do Monte do Facho (Cangas) os días 10 e 17 de setembro; o Castro de Troña (Ponteareas) o 25 e o 29 setembro, e o Castro da Lanzada (Sanxenxo), con dúas sesións o día 11 compoñen o calendario da actividade.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuntis, Comedia, Castrolandín, Animación...