A Deputación de Pontevedra pretende poñer en valor os castros recentemente musealizados da provincia, coma A Subidá (MarÃn), Toiriz (Silleda) e Alobre (VilagarcÃa de Arousa), co novo programa "Historias Cavadas" de visitas escenificadas a cargo da compañÃa Troula Animación. As sesións aos distintos castros estarán protagonizadas por dous personaxes, un romano e unha castrexa, que lle darán unha "onda cómica" a estes percorridos pola historia co obxectivo de "convertelos nunha experiencia non só cultural, senón divertida para todas as idades", segundo o ente provincial.
O obxectivo coas actividades nestes enclaves patrimoniais, segundo a Deputación, é que a historia, o valor cultural, o contexto social e o significado artÃstico, patrimonial e simbólico destes xacementos arqueolóxicos, sexa interpretado e chegue ao público dunha maneira amena e didáctica, que axude a comprender o importantÃsimo papel que teñen como testemuña do pasado e o indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara o futuro. Arredor de 50 minutos durarán estas actividades que arrancarán o 2 de setembro en Toiriz, onde tamén se celebrará outra ruta o dÃa 3, ambas as dúas ás 20 horas. Posteriormente, as "Historias Cavadas" chegarán ao vilagarcián Castro Alobre (dÃas 16 e 30 de setembro ás 20 horas) e finalizarán no castro marinense da Subidá, con citas o 17 e 24 de setembro ás 19 horas. Serán actividades accesibles e inclusivas, que contarán asà mesmo con intérprete de lingua de signos en caso de ser necesario.