A Illa de San Sadurniño, en Cambados, as Torres de Oeste en Catoira, CastrolandÃn, en Cuntis e os Chozos do Alén de Fornelos verán ao longo deste 2023 cadansúa actuación arqueolóxica a cargo do Instituto de Ciencias do Patrimonio, dependente do Centro Superior de Investigacións CientÃficas.
Esta entidade asinou un convenio coa Deputación de Pontevedra para a difusión, protección e fomento do valor cultural dos bens patrimoniais da provincia polo que a deputación achegará un orzamento total de 270.000 euros para estas actividades. Cunha duración de dous anos, o acordo prevé para 2024 novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Garellas (Forcarei), os Petróglifos de Gargamala (Mondariz), o Cano dos Mouros (Oia) e Castro Alobre (VilagarcÃa).
Ademais destas investigacións o orzamento cubrirá o desenvolvemento de charlas e conferencias para a divulgación do coñecemento cientÃfico en sete centros de ensino e dous centros públicos neste perÃodo. Explicacións sobre a dieta ou o emprego de metais nos tempos castrexos, os sacrificios animais na Idade do Ferro ou a contaminación atmosférica desde a prehistoria protagonizarán algúns destes relatorios.
A colaboración esténdese tamén ao estudo e restauración de materiais recuperados do Castro de Bendoiro, en LalÃn, durante as obras para o AVE en 2006 e 2007, que se poderán ver no Pazo de Liñares, neste mesmo concello.