O Náutico de San Vicente do Grove acollerá seis artistas en residencia

A Deputación de Pontevedra presentou o programa Depocrea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Náutico de San Vicente do Grove acollerá seis artistas en residencia

A Deputación de Pontevedra daba a coñecer este catro de setembro Depocrea, un programa de residencias artísticas vencelladas ao territorio que se desenvolverá entre o 28 de outubro de o 11 de novembro no Náutico de San Vicente. Un total de seis profesionais das artes visuais participarán desta iniciativa, que conta cun financiamento de 2.500 euros para cada bolsa.

Desde este día 5 está aberto o prazo de presentación de proxectos para participar da iniciativa, que deberán ser "site-specific". Entre os seleccionados terán preferencia "as propostas que se acheguen ao patrimonio da contorna ou avoguen por reivindicar valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a inclusión social", segundo adianta a Deputación.

As residencias contarán cunha primeira etapa de creación en formato de portas abertas ou a visita de profesionais do sector, que achegarán asesoramento e experiencias ás artistas participantes. Tamén se desenvolverán iniciativas de divulgación e unha presentación conxunta dos traballos desenvolvidos o vindeiro 11 de novembro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Grove, Artes Visuais, Igualdade