O novo programa Con-fiando Cultura desenvolverá ao longo do territorio da provincia de Pontevedra 150 actividades de música, patrimonio, teatro, escrita, cinema, lingua, arte, artesanÃa e historia. A Deputación Provincial presentaba este 20 de maio a marca, que conta cun orzamento de 2.754.773 euros e que abrangue moitas das iniciativas que xa viña desenvolvendo a institución neste ámbito.
Segundo asegurou a presidenta do organismo, Carmela Silva, Con-fiando Cultura pretende "apoiar a este sector que sufriu tanto a pandemia, á acadar a democratización da cultura e que chegue a todos os concellos da provincia e a garantir o dereito de todas as persoas a acceder á cultura".
Entre as novidades, no campo das artes escénicas, que conta cuns fondos de 185.000 euros, destacan os programas Ópera Papaguena, que mestura lÃrica e electrónica da man do compositor Iago Hermo e que se poderá ver en Pontevedra, no Grove, Caldas, Tui, Gondomar e Bueu. Bailando a terra, pola súa banda, é un novo ciclo de danza que ao longo do verán achegará o traballo de Nova Galega de Danza, Trébede, Maisquedanza, Galicia en Danza e Unidance a bosques e carballeiras de A Illa, Tui, Poio, Forcarei e Caldas. Nas artes plásticas, o programa incorpora como novidades o proxecto de creación mural Extramuros en Silleda e mais as residencias artÃsticas Depocrea, que se desenvolverán entre outubro e novembro.
No marco da nova etiqueta, a Deputación mantén citas como Música no Ar, Tornar ás Táboas, os ciclos sonoros Pontegal e Musigal, as actuacións escénicas en espazos patrimoniais Tras as ameas e Historias cavadas, as Rutas de Arquitectura ou propostas como a Escola de Letras e os Roteiros Literarios.
Do mesmo xeito, o programa integra iniciativas como Pontevedra Plató de cinema, RÃas Baixas Film Fest, os ciclos de proxeccións Mestre Mateo e Cinema Mulleres ou o encontro Mulleres no foco, asà como diferentes exposicións itinerantes e as que se celebran nas salas RosalÃa de Castro e Maruja Mallo de Vigo. As celebracións de eEfemérides culturais, os premios Otero Pedrayo ou a colaboración con diferentes entidades do ámbito fican tamén subsumidas baixo o paraugas de Con-fiando Cultura.