A Rede Cultural da Deputación da Coruña programará 1.408 espectáculos na provincia

A entidade achegou 1,5 millóns de euros a este programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A Rede Cultural da Deputación da Coruña programará 1.408 espectáculos na provincia

Un total de 1.408 espectáculos poderán verse en todos os concellos da provincia da Coruña no marco da Rede Cultural da Deputación Provincial. A entidade deu a coñecer a listaxe de actividades que fan parte deste programa, que conta cun investimento de 1.509.836 euros por parte do organismo.

A iniciativa inclúe propostas escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia, a incluír 198 películas do programa "Visións", 174 actuacións da modalidade "Lingua a escena", 112 do programa "Alicerce" de cultura non profesional e un total de 924 actuacións de artistas e compañías profesionais. Destas últimas 522 corresponden a obras teatrais, 299 a concertos, 65 a espectáculos de maxia e 38 á danza.

As actividades do programa están cofinanciadas cos concellos en diferentes porcentaxes. Deste xeito, nos de menos 5.000 habitantes a Deputación achega ata un 75% dos custos, unha porcentaxe que vai diminuíndo nas entidades de maior poboación ata un mínimo do 30% nas cidades de máis de 50.000 habitantes.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Deputación Provincial, Danza, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)