As Residencias Mariñán chegan á súa terceira edición

A convocatoria da Deputación da Coruña mantén o apoio a catro proxectos musicais e catro de literatura e de pensamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ata o vindeiro 14 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as III Residencias Artísticas Mariñán. A Deputación da Coruña daba a coñecer este 28 de xaneiro as bases do programa, que mantén o seu formato e apoiará o desenvolvemento de catro proxectos do ámbito musical e outros catro do campo da literatura e do pensamento.

As iniciativas seleccionadas disporán de espazo de traballo no Pazo de Mariñán, aloxamento en pensión completa no conxunto e acompañamento das persoas comisarias. Ademais, no caso das residencias musicais, as persoas seleccionadas recibirán "formación específica para a profesionalización e a distribución do proxecto" da man de diferentes persoas convidadas, ademais de realizar visitas e reunións con axentes culturais e profesionais da programación.

As residencias literarias tamén contarán con encontros con "persoas relacionadas co mundo da creación e do pensamento, convidadas durante unha xornada". Dous xurados seleccionarán os proxectos, que contarán co comisariado de Aitana Cuétara nas residencias de música e Roberto Abuín nas de literatura.

As propostas de literatura desenvolverán as súas residencias entre o 31 de marzo e o 11 de abril, mentres as musicais realizaranse nunha primeira quenda do 31 de marzo ao 5 de abril, e unha segunda do 6 ao 11 de abril.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Deputación da Coruña, Pazo de Mariñán, Aitana Cuétara

Claves

Conceptos