Catro proxectos do ámbito musical e outros catro centrados na literatura e no pensamento participarán da segunda convocatoria das Residencias ArtÃsticas Mariñán. A Deputación da Coruña presentaba estes 23 de xaneiro esta nova edición, que se desenvolverá entre o 15 e o 26 de abril. Durante estes dÃas o pazo de Mariñán acollerá as persoas responsables dos proxectos escolleitos, que terán estadÃas de seis dÃas no caso das propostas musicais e de doce nas literarias e de pensamento.
Segundo destaca a presentación da iniciativa, "o programa de música quere promover o desenvolvemento da produción musical galega desde unha ollada contemporánea e consciente; establecer un contexto de acompañamento e formación para mellorar a viabilidade e a profesionalización das producións, e crear sinerxÃas con outras residencias e programacións para fomentar o intercambio de propostas e artistas e mellorar a proxección das producións". Pola súa parte, o programa literario "busca fornecer as condicións favorables para intensificar o proceso de creación literaria e o pensamento en contextos de traballo e aprendizaxe comunitarios".
As persoas escolleitas contarán durante a súa estancia con "dotación material necesaria e espazos axeitados no Pazo de Mariñán para o desenvolvemento das propostas; manutención e aloxamento para as e os participantes, e acompañamento e seguimento do proxecto por parte da comisaria e do comisario co fin de facilitar a súa viabilidade".
As residencias de música prevén tamén formación especÃfica de cara a conseguir a profesionalización e a distribución das propostas, visitas e reunións con axentes culturais e programadores e programadoras, asà como financiamento para cubrir as necesidades técnicas da creación como deseño escénico, de luces e de son ou o vestiario.
Os proxectos literarios, pola súa banda, participarán dunha xornada con convidados e convidadas do mundo da creación e do pensamento. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 23 de febreiro.