O xurado das Residencias Artísticas de Mariñán nas modalidades de Literatura e de Pensamento daba a coñecer este 13 de xuño a selección de persoas que participarán neste programa da Deputación da Coruña. Andrés Sanjurjo, Vanesa M. Sotelo, Esther F. Carrodeguas e Soraya Lema Carballo ocuparán as prazas dedicadas á literatura mentres Paula Domínguez, Judith Ruso, Xerardo X. Pereiro Pérez e Abraham Pérez Fernández conforman a selección na categoría de pensamento.
Cada unha das firmas seleccionadas pasará un máximo de catorce días no Pazo de Mariñán a traballar no seu traballo de escrita e pensamento. No mes de xullo desenvolverán a súa estadía Andrés Sanjurjo e Vanesa M. Sotelo, na modalidade de Literatura, e Paula Domínguez e Judith Ruso, na de Pensamento. En decembro será a quenda de Esther F. Carrodeguas e Soraya Lema Carballo en Literatura, e de Xerardo Pereiro Pérez e Abraham Pérez Fernández na de Pensamento.
Os proxectos seleccionados no campo literario inclúen un ensaio "sobre como se representa, principalmente no cinema, o Outro subalterno" a cargo de Andrés Sanjurjo, un teatro-documento sobre a migración Galicia-África da man de Vanessa Martínez Sotelo, o proxecto Iribarne de Esther F. Carrodeguas para revisar en escena a figura de Manuel Fraga, e mais a proposta dramática para a "despatriarcalización da figura do navegante" que propuxo María Soraya Lema.
No pensamento, pola súa banda, Paula Domínguez desenvolverá unha "investigación filosófica sobre as lóxicas de consumo e a mercantilización dos suxeitos nas dinámicas totalizadoras de produtividade", mentres Judith Ruso pretende "repensar a relación entre natureza e cultura contemporánea" desde o rural e fóra das estruturas de pensamento hexemónicas. Xerardo Pereiro, pola súa banda, aposta pola investigación antropolóxica para ver "como incorporamos a mirada folclórica á hora de definir a nosa identidade galega". Finalmente Abraham Pérez desenvolverá unha proposta ontopoética que "problematiza a creación literaria como instrumento de reflexión sobre o real".
O xurado estivo composto polo videocreador e escritor Rafa Xaneiro, pola poeta Alba Cid e pola filósofa e ensaísta Rebeca Baceiredo, presidido polo deputado de Cultura Xurxo Couto. Esta é a primeira edición deste proxecto de residencias.