A Xunta convoca as axudas a equipamentos das industrias culturais

Poderán repartirse un total de 1.300.000 euros procedentes dos fondos europeos Feder

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución coas bases reguladoras das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega. Conforme a esta liña de subvencións financiada ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, poderán repartirse en dúas anualidades un total de 1.300.000 euros (650.000 euros para 2022 e 650.000 euros para 2023).

Estas axudas terán como obxecto aqueles proxectos de investimento en activos fixos vinculados á actividade produtiva das empresas da industria cultural e creativa, con especial atención á dixitalización, innovación, xeración de novos públicos e incremento da eficiencia enerxética e sustentabilidade ambiental. Están contempladas como posibles receptoras as persoas físicas e xurídicas que leven a cabo actividades económicas nos diferentes epígrafes das industrias culturais e creativas. Os proxectos de investimento obxecto de subvención deberán ter importe total mínimo de 25.000 euros (sen IVE) e o importe máximo da axuda será do 80% ata un tope de 100.000 euros por beneficiario.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feder, Covid, Axencia Galega das Industrias Culturais, IVE