A Xunta abriu a convocatoria anual de subvencións da Xunta ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais, para a que mantén o orzamento de 300.000 euros, igual ao do pasado ano. Esta cifra destinarase aos diferentes traballos que teñan lugar na fase de preprodución de pelÃculas e series galegas para cinema e televisión cara á súa produción e rodaxe en anos posteriores. Estas axudas apoiarán as actividades propias da fase de desenvolvemento anterior á rodaxe, como son as relacionadas coa escrita do guión, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación ou elaboración de materiais promocionais, entre outras. Esta liña, manexada desde o Hub Audiovisual está financiada ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
Ao abeiro destas axudas, que poderán solicitarse ata o 19 de setembro, cofinanciaranse proxectos de longametraxes cinematográficas cunha duración mÃnima de 60 minutos, ben sexan de ficción, animación ou documental de carácter creativo, de series de ficción que duren polo menos 150 minutos, series de animación cunha duración non inferior a 100 minutos e series documentais coa mesma duración mÃnima. A intensidade da axuda poderá acadar o 100% do gasto subvencionable, con contÃas de ata 30.000 euros para proxectos de longametraxes cinematográficas de animación, de 25.000 euros para as de ficción e de 15.000 euros para as documentais. No caso das obras audiovisuais para televisión e plataformas, subvencionaranse con ata 30.000 euros os proxectos de series de ficción ou animación e cun máximo de 20.000 euros os de series documentais.