Ata 12 produtoras audiovisuais galegas beneficiaranse das axudas do Hub Audiovisual da Xunta para a preprodución simultánea de proxectos. Esta liña de subvencións convocada en decembro, a segunda aberta no marco do Hub Audiovisual das Industrias Culturais do goberno autonómico, dedicará os 1,2 millóns de euros procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE a propiciar o desenvolvemento simultáneo de 47 futuros proxectos para cinema, televisión e plataformas de vÃdeo baixo demanda.
Trátase dun fondo concibido como capital semente co obxectivo de que cada unha das beneficiarias poida traballar na preprodución de entre tres e cinco tÃtulos á vez, de xeito que se multipliquen as posibilidades de éxito cara á súa produción, ao tempo que se reactive a contratación de profesionais e servizos relacionados. Segundo a resolución publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais, Abano Producións, Cósmica Producións, CTV, Ficción Producciones, Filmika Galaika, Frida Films, Maruxiña Film Company, Miramemira, Portocabo TV, Somadrome Films, Vaca Films Studio e Zeitun Films son as beneficiarias desta convocatoria extraordinaria, a través da que recibirán diferentes contÃas que oscilan entre os 65.000 e os 150.000 euros.