A Xunta de Galicia acaba de facer públicas as dúas últimas adxudicacións de axudas ao abeiro do seu Hub Audiovisual, a través das que achega máis de 550.000 para contribuír á preprodución de 17 novos proxectos de filmes e series e á programación de 12 salas galegas de cine. En concreto, as axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais distribúen 380.000 euros entre 13 empresas para a fase de preprodución de futuros títulos galegos de cine e televisión cara á súa produción e rodaxe en anos posteriores. Subvenciónanse os traballos previos relacionados coa escrita do guión, o financiamento, a venda e a distribución, a xestión de dereitos, a investigación ou a elaboración de materiais promocionais, entre outros. Estas liñas, manexadas desde o Hub Audiovisual están financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
As adxudicatarias son Agallas Films con Vilamiseria, Indígena Films con Alevosía e "Lucy e Os Pottokas", Kraken Media con "Adeus, Berta", Nós Produtora Cinematográfica Galega con "Mil ourelas" e "Prefiro condenarme", Pulsa Control Z con "O público non vai ao cine para ver cristais rotos" e Paraíso, Primerbeat Film con Aquagym, Producións A Fonsagrada con "As voces do lenzo", Rebordelos con "Atlántico ceo", Xamalú Filmes con "A música" e "Sombras de agosto", Ringo Media con "Porto Alegre", Xavier Font con Petróleo, Xiana Gómez con "Leccións de botánic" e Zenit Televisión con "María Casares, a diva estranxeira".
Adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual
As salas de exhibición cinematográfica son as destinatarias da segunda convocatoria adxudicada, mediante a que se busca facilitar a súa adaptación a un mercado influído polos novos hábitos no consumo audiovisual asociados ao crecemento das plataformas dixitais, especialmente a partir da pandemia. A través dela, a Xunta destina 170.000 euros á programación cinematográfica de 12 espazos noutras tantas localidades galegas: Minicines Central da Estrada, Cine Avenida de Caldas de Reis, Multicines Bergantiños de Carballo, Duplex Cinema de Ferrol, Codex Cinema de Lugo, Odeón Multicines de Narón, Multicines Ponte Vella de Ourense, Cinexpo Vialia de Pontevedra, Multicines Barbanza de Ribeira, Numax de Santiago de Compostela, Multicines Gran Arousa de Vilagarcía de Arousa e Cines Viveiro.
Os proxectos subvencionados están relacionados coa programación de cine galego e de películas europeas ou doutros países con baixa representación na cota de pantalla, así como con campañas de promoción e iniciativas para a atracción de públicos e o establecemento de prezos especiais para o público infantil, xuvenil e persoas maiores.