O Consello da Xunta aprobaba este 29 de decembro a convocatoria da segunda liña de axudas do Hub Audiovisual Galego. Dotadas con 1,2 millóns de euros, estas subvencións queren "posibilitar que as produtoras independentes poidan levar a cabo a preprodución simultánea de entre tres e cinco proxectos, de xeito que se impulse a solvencia do audiovisual galego e a súa capacidade para xerar contidos cunha alta viabilidade cara á súa posterior produción e distribución".
Estas axudas, que a Xunta cualifica como "pioneiras a nivel estatal", dirÃxense a produtoras independentes, con máis de dous anos de traxectoria, "que presenten paquetes de entre tres e cinco propostas de cinema ou televisión sobre as que teñan dereitos suficientes de propiedade intelectual, asà como un acordo ou precontrato coas persoas encargadas do guión e da dirección".
Deste xeito, a acción apoiará o traballo das "produtoras galegas máis consolidadas", segundo recoñece o Goberno Galego canda a "compañÃas máis recentes, pero con capacidade de crecemento suficiente". Con esta proposta procúrase "promover a xeración dunha carteira de proxectos de propiedade industrial galega, con ambición de competir e captar outros financiamentos no mercado internacional".