Unha xuntanza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez con asociacións e empresas audiovisuais galegas e a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG)da primeira das convocatorias do seu fondo para a atracción de rodaxes, dotada con 2 millóns de euros serviron como presentación en sociedade do previamente anunciado Hub Audiovisual da Industria Cultural. Esta iniciativa, sustentada economicamente grazas á resposta europea á pandemia a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, contará cun nun investimento de 9,6 millóns de euros durante o perÃodo 2021-2023. As súas liñas mestras inclúen a posta en marcha da Galicia Film Comission, as subvencións para o desenvolvemento de grupos de proxectos, o polo de talento do sector audiovisual, o plan creativo e empresarial para videoxogos e un fondo transversal para o conxunto da industria cultural.
A liña para o fomento e promoción de rodaxes que ven de convocarse dotada con 2 millóns de euros, de concesión automática en concorrencia non competitiva, terá como beneficiarias as empresas galegas co obxectivo de realizar proxectos xunto con produtoras, canles de televisión e plataformas de fóra de Galicia. As entidades adxudicatarias desta primeira convocatoria −á que se sumará a primeiros de 2022 unha segunda, dotada con outros 2 millóns de euros− poderán exercer ben como coprodutoras destes traballos, cunha participación igual ou superior ao 20%, ben como provedoras de servizos de produción, sempre acreditando a realización dun gasto mÃnimo en Galicia fixado en 1 millón de euros para longas cinematográficas de ficción e animación e de 1,5 millón de euros para as series de ficción. A intensidade da axuda vai ligada precisamente ao investimento realizado na nosa Comunidade, podendo chegar ao 20% deste gasto, cunha contÃa máxima de 350.00 euros, para as beneficiarias que sexan coprodutoras dos proxectos, e ao 10% e 300.000 euros no caso da contratación de servizos audiovisuais. Estas subvencións supoñen, ademais, unha importante novidade no panorama audiovisual español ao optar pola concesión directa para a realización de rodaxes no canto de empregar a fórmula dos incentivos fiscais.
Plan para os videoxogos e outras liñas
Xunto a este fondo, o Hub Audiovisual desenvolverá outras importantes e novas vÃas de apoio, que se estenden tamén ao sector especÃfico dos videoxogos e ao conxunto das industrias culturais. No caso do Plan de desenvolvemento creativo e empresarial dos videoxogos, a Xunta busca darlle resposta ao potencial do sector en Galicia e á necesidade de vertebración deste talento en diferentes áreas de actividade, apoiando tanto a guionización, produción e comercialización de videoxogos, como o desenvolvemento de software, especialmente no eido dos motores e micro-pagos. Ademais, o Hub Audiovisual suporá a creación da Galicia Film Comission, un proxecto que viña sendo demandado polo sector e que se materializará na activación dunha plataforma web con distintas utilidades, tanto para obter unha ampla información sobre a produción e rodaxe de obras audiovisuais en Galicia como para a realizacións de xestións online.
Pola súa banda, as axudas ao desenvolvemento de grupos de proxectos, en liña co modelo Slate Funding do Subprograma MEDIA da UE, suporán un acompañamento fundamental para as produtoras galegas máis consolidadas á hora de acometer proxectos estratéxicos, ao tempo que lle dará o impulso definitivo a empresas máis novas, que están a demostrar xa unha gran solvencia e unha clara vocación de medrar. Tamén os profesionais emerxentes teñen lugar neste amplo programa, cun Polo de Talento do Sector Audiovisual, a través do que se articulará un paquete de medidas centradas especialmente en áreas como a creación, a guionización ou a dixitalización, co obxectivo de mellorar as súas competencias técnicas e de promover novos enfoques na xestión e desenvolvemento das súas carreiras. O Consorcio de Santiago contempla a posibilidade de situar este Polo no antigo edificio do IGI, previa adquisición do mesmo. Segundo comunica a Xunta, o Hub Audiovisual da Industria Cultural contará, asà mesmo, cun fondo transversal para o conxunto da industria cultural encamiñado a equipamentos e promoción de proxectos I+D+i.