A Fundación Uxío Novoneyra daba a coñecer este 11 de agosto a resolución das III Residencias Literarias "Ámeto Mítico" no Camiño de Santiago, que desenvolve co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. As firmas escolleitas para esta iniciativa son Alessandro Burbank, Tamara Andrés, Ojo Taiye, Nuria Vil, Carlos Negro, Verónica Aranda e Mohamed Abdullah.
As persoas participantes desenvolvera entre os días 16 de setembro e 3 de outubro unha peregrinación desde Vilafranca do Bierzo a Santiago de Compostela. Durante este percurso desenvolverán composicións de temática xacobea que compartirán co alumnado de centros educativos en distintos concellos da ruta francesa. Os textos xerados nesta experiencia serán publicados con posterioridade pola Fundación Uxío Novoneyra.