Alessandro Manzoni protagoniza as XII Xornadas Literarias de Neda

O encontro celébrase os vindeiros 23, 24 e 25 de abril

31/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O autor de Os noivos e fundador da lingua italiana moderna, Alessandro Manzoni, protagoniza a XII edición das Xornadas Literarias de Neda. O Campus de Esteiro, en Ferrol, e mais a Casa das Palmeiras de Neda acollen entre o 23 e o 25 de abril os actos deste encontro, que contará coa presenza de investigadores como Giovanni Albertocchi, José Manuel Sande ou o tradutor Xavier Rodríguez Baixeras. Ademais, proxectarase I promesi sposi, de Mario Camerini e poderá escoitarse un concerto de música do século XIX a cargo do violinista Enrique Agrelo e do pianista Andrés Pazos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alessandro Manzoni, Xavier Rodríguez Baixeras