Pessoa protagonizará as VIII Xornadas Literarias de Neda

O evento celebrarase entre os días 21 e 23 de abril

15/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Neda e mais a Universidade da Coruña celebrarán entre os vindeiros días 21 e 23 de abril as VIII Xornadas Literarias de Neda. O encontro estará centrado na figura de Fernando Pessoa e contará coa presenza de destacados especialistas no poeta portugués. Investigadores como Fernando Manuel Cabral Martins, da Universidade Nova de Lisboa, Elías Torres e Carlos Quiroga, da USC ou José Manuel Sande, do CGAI, serán outros dos relatores do evento.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Universidade Nova de Lisboa, CGAI, USC...