Bob Dylan protagoniza as X Xornadas literarias de Neda

Celébranse entre o 18 e o 20 de abril

12/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Neda organiza, en colaboración coa Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, as X Xornadas Literarias, que este ano están centradas nunha atípica personaxe das letras: Bob Dylan. As xornadas celebraranse entre o 18 e o 20 de abril. Investigadores coma o catedrático da Universidade de Vigo, César Candelas, o poeta Vicente Araguas ou mesmo o anterior conselleiro de Cultura, Roberto Varela, analizarán a poética dylaniana. Antonio García Teijeiro presentará o seu libro "Petando nas portas de Dylan". Concertos e proxeccións combínanse cos relatorios e as mesas redondas.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio García Teijeiro, Vicente Araguas, Roberto Varela, Universidade da Coruña...