Neda centra en Virxinia Woolf as súas xornadas literarias

Os encontros celébranse entre hoxe e mañá

23/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As Xornadas Literarias de Neda comezan ás cinco desta tarde a súa sétima edición, centrada na figura de Virxinia Woolf. Entre hoxe e mañá, seis especialistas na figura da escritora inglesa analizarán, en diferentes mesas redondas, a súa vida e obra. No encontro participan Manuela Palacios, profesora de Filoloxía Inglesa da USC, Purificación Mayobre da Universidade de Vigo, Susana Pérez, especialista en cine e literatura, Carmen Blanco profesora de Literatura Galega da USC e María Cuquejo tradutora e profesora de Lingua e Literatura, ademais de Xosé Manuel Sande do Centro Galego de Artes da Imaxe. Canda ás mesas redondas tamén haberá unha proxección cinematográfica e, como clausura, a proxección do filme Orlando, baseado nunha obra de Woolf.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Cine, USC, Xosé Manuel Sande...