As artes e a literatura centran os V Encontros Cidade da Coruña

A Asociación de Escritores organiza as xornadas a partir do 11 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os Encontros Cidade da Coruña, que organiza anualmente a Asociación de Escritores en Lingua Galega inician o vindeiro 11 de abril a súa quinta edición. Co lema As artes e a literatura o evento comprenderá tres mesas redondas que se celebrarán as 20 horas de mércores sucesivos dese mes. A arte e a literatura, con Miguelanxo Prado e Xavier Seoane abre o enconro que continuará o día 18 con A literatura e o cinema, a cargo de Ángel de la Cruz e Margarita Ledo, e o 25 con A literatura e a música, da man de Paulino Pereiro e Margarita Viso Soto. Todas as mesas desenvolveranse no salón de actos da sede da Real Academia Galega.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Escritores, Xavier Seoane, Xavier Seoane...