Nacen as Xornadas de Literatura e Ensino

Os encontros celébranse os días 18 e 19 de novembro na Cidade da Cultura

A literatura galega nas aulas: os camiños do entusiasmo é o lema co que se celebran, os vindeiros 18 e 19 e novembro na Cidade da Cultura as I Xornadas de Literatura e Ensino. O encontro, que coordinan a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e mais a Asociación de Escritores en Lingua Galega, analizará a presenza e posibilidades das nosas letras nas aulas. Entre outras cuestións, abordaranse os itinerarios lectores en Secundaria ou a atención a xéneros pouco traballados como a poesía, a literatura oral, o álbum ilustrado ou a banda deseñada.

Programa das I Xornadas de Literatura e Ensino.