As Xornadas de Lingua e Literatura da AS-PG fan 20 anos

O decreto do plurilingüísmo será un dos temas que se tratarán no encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O vindeiro 26 de marzo abre o prazo de inscrición para as XX Xornadas de Lingua e Literatura, que organizan Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e mais CIG-Ensino. O encontro, un dos máis veteráns do país arredor destas cuestións, tratará temas coma o decreto para o plurilingüismo, a literatura oral, Uxío Novoneyra ou o a ecoliteratura entre outras cuestións, contando con relatores como Agustín Fernández Paz, Sechu Sende, Celso Fernández Sanmartín ou Rafa Villar entre outros. As Xornadas celébranse en Compostela os vindeiros 9 e 10 de abril.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Rafa Villar, Uxío Novoneyra, Agustín Fernández Paz...