Os mouros protagonizan as IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral

Celébranse o 19 e 20 de outubro na sede da Deputación de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cartel das IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral

Cartel das IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral

Os mouros e as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular é o título que encabeza as IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral, que se celebrarán en Lugo os vindeiros 19 e 20 de outubro. O salón de actos da Deputación de Lugo acollerá un evento que abordará cuestións como sexo e poder na cultura popular, os mouros en Asturias ou as relacións entre mouros históricos e mouros míticos. Mar Llinares, Rafael Quintía, Alexandre Parafita ou Antonio Reigosa son algúns dos relatores que participarán no encontro que organiza a Asociación Socio Pedagóxica Galega.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Literatura, Deputación de Lugo, Rafael Quintía...