As XII Xornadas de Lingua e Literatura que se desenvolveron esta fin de semana en Compostela concluÃron reclamando ó dereito a un ensino en galego e solicitando á Real Academia Galega que reconsidere a súa postura con respecto á normativa do noso idioma. Estas xornadas, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e pola sección de ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG), reúnen anualmente profesores de todo o paÃs, superando a participación ós douscentos asistentes desta volta.
Un pouco de programa
Os encontros incluÃan vintecinco seminarios nos que se abordaban os máis diversos aspectos da lingua e da literatura. Desde o emprego de Internet para dar clases do noso idioma a coñecer a experiencia radiofónica Ponte... nas Ondas!. Os encontros comezaron cunha intervención de Francisco Carballo sobre Frei MartÃn Sarmiento e o seu traballo sobre a lingua galega.
Ademais, autores coma Afonso Pexegueiro, LuÃsa Villalta ou Salvador GarcÃa Bodaño analizaron as súas propias obras. Houbo tamén obradoiros de poesÃa, narrativa e teatro e seminarios sobre a literatura galega portuguesa e mundial. A presentación da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña, unha sesión de contacontos de Carlos Blanco, a proxección do filme "Castelao e os irmáns da liberdade" de Xan Leira e unha conferencia de Suso de Toro sobre a relación entre poder e literatura pecharon o encontro.
Arredor da lingua
O último acto das Xornadas de Lingua e Literatura foi unha mesa redonda na que se debatiu sobre a situación do proceso normalizador no noso paÃs. No debate participaron o director xeral de PolÃtica LingüÃstica, Xesús Paulo González Moreiras, o sociolingüÃsta Camilo BrandÃn, Marta Dacosta, de CIG-Ensino e Xosé Ramón Freixeiro Mato da AS-PG.
Como resultado desta mesa saÃron unhas conclusións nas que os organizadores solicitan a obrigatoriedade de coñecer o galego par ser profesor no paÃs. Ademais, solicitan que os profesores que xa teñen un posto deban acreditar a súa competencia en galego e que se teña en conta este facto á hora de outorgar traslados e promocións. Segundo estas mesmas conclusións, na actualidade "nin seguera se garante o dereito a recibir o ensino na nosa lingua ó alumnado que a ten como habitual". No mesmo sentido solicitouse a participación no Correlingua e na manifestación que baixo o lema "Polo dereito elemental a aprender no noso idioma" se desenvolverán en Compostela o vindeiro dÃa 17.
Finalmente, solicitouse á Real Academia Galega que reconsidere a súa negativa a oficializar a reforma normativa elaborada polas tres universidades e polo Insituto da Lingua Galega.