Literatos do Estado reúnense na Coruña e docentes de lingua en Compostela

Encontros e encontros

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Coruña acolle hoxe e mañá a escritores de todo o Estado na Xuntanza de literatura castelá, galega, catalana e basca que organiza a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) na súa sede desta cidade. Por outra banda, cincocentos docentes de lingua e literatura acudirán ás XI Xornadas de Lingua e Literatura que organizan a Asociación Sócio-Pedagóxico Galega (AS-PG) e a Confederación Intersindical Galega (CIG) en Compostela.


Literatura

A UNED reúne en Compostela a escritores coma Baltasar Porcel, Arantxa Iturbe, Lourdes Ortiz ou Carlos Casares para tratar sobre a situación das diferentes literaturas nas que desenvolven a súa actividade creadora. A Xuntanza de literatura castelá, galega, catalana e basca que comeza hoxe desenvólvese en dúas xornadas. A primeira delas analizará a literatura basca e a catalana, coa intervención de dous escritores de cada un destes sistemas e unha mesa redonda. O esquema repetirase mañá, xornada dedicada ás literaturas española e galega. A realización desta xuntanza está patrocinada polo Consello da Cultura Galega.

Lingua

AS XI Xorndas de Lingua e Literatura que organizan anualmente a AS-PG e a CIG reunirán en compostela a medio milleiro de docentes destas disciplinas a vindeira semana. Neste encontro impartiranse vintecinco seminarios sobre temas coma a Literatura Universal na Secundaria, recursos de Internet en Galicia, e as figuras de Castelao e Eladio Rodríguez. Con estes encontros preténdese mellorar a capacidade dos profesores á hora de impartir clases e difundir novas propostas didácticas e investigacións.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, A Coruña, Escritores, UNED...