O Festival RiR incluirá unha homenaxe a Pedro Brandariz

A Vª edición do evento en Allariz comezará o 5 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Festival RiR incluirá unha homenaxe a Pedro Brandariz

O Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR chegará en setembro en Allariz a súa V edición. Se fai uns días coñecíase a artista á que se deicará o premio de honra, a actriz Isabel Risco, agora ven de presentarse o programa do evento e de darse a coñecer algúns dos nomes propios que forman parte desta edición extendida de cinco días. O xurado que este ano avaliará os filmes está composto pola "script" e montadora Alba Gallego, a actriz e presentadora Marta Doviro e o actor Fernando González. Ademais, a programación paralela de Rir, que este ano ten como festival amigo convidado ao Festival de Cine Fantástico de Lemos, inclúe a estrea da obra de teatro "Caldas e Mancho", de Héctor Martínez e Marcos Vázquez; unha homenaxe ao recentemente falecido Pedro Brandariz; a proxección do filme "Valentina", de Chelo Loureiro -patrocinado pola Deputación-; charlas literarias para presentar os novos libros de Rubén Méndez e Cristina Carro; mesas redondas; teatro infantil; un conto musical ou unha exposición de David Fernández Bueno -"Loiro"-. O Festival RIR arranca o 5 de setembro. A partir de aí, os asistentes poderán ver en sucesivos días as curtametraxes en competición, divididos en tres bloques e procedentes de España, Francia, Belarús ou Arxentina.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pedro Brandariz, Allariz, Teatro, Cine...

Claves

Protagonistas
Conceptos