O Festaclown leva a Vilagarcía unha vintena de propostas

O encontro celébrase entre os días 17 e 21 de agosto

5/8/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Desastronauts, Fran Boza, Fiesta ou Dani García, dentro do panorama galego, e propostas estatais e internacionais como Cía Vaya, Entre Nous, Rojo Telón, Trotamundos, Kanbahiota ou Javier Ariza compoñen o cartel do Festaclown. Vilagarcía acolle este encontro no que se da cita acrobacias, música, narración e clown entre os días 17 e 21 deste mes.

A seguir a liña de combinar o humor e a reivindicación, a cita este ano centrarase en mensaxes en contra das guerras. O proxecto continúa ademais coa intención de servir como mostra da produción galega no campo do circo a achegar unha escolma representativa das formacións galegas especializadas nesta disciplina. Un dos pratos fortes da edición será a Gala Solidaria que desenvolverá Pallasos en Rebeldía o domingo 21 como feche da programación.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, Humor

Claves

Conceptos
Lugares