Oia prepara o Festival do Rei Sol

O encontro de narración oral celébrase entre o 15 e o 17 de setembro

12/9/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaespectáculos
24 lecturas | Compartido 0 veces

A Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia organizan para esta fin de semana o Festival do Rei Sol. Este encontro de narración oral quere, segundo os convocantes, "pór en valor o patrimonio cultural e natural da zona, tanto o material como o inmaterial". O castro de Cano dos Mouros de Viladesuso acollerá os actos centrais do evento no domingo. Alí desenvolverase unha visita guiada, unha representación teatral, a observación do solpor amenizada con música e mais o espectáculo Os Contos do Rei Sol de Avelino González. Nos días previos haberá obradoiros infantís de arqueoloxía e de elaboración de traxes castrexos e o coloquio Pactos de Hospitalidade e colaboración na Galicia Romana, con Sonia María García García.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares
Oia