O Festival Atlántica converterá Compostela na capital da narración oral

Participarán destacados contacontos de Galicia, Arxentina, Brasil, Uruguai, Portugal e Inglaterra

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:
O Festival Atlántica converterá Compostela na capital da narración oral

Poñer en valor a narración oral dos países da ribeira do Atlántico é o obxectivo de Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, que se celebrará en Santiago de Compostela do 5 ao 16 de marzo deste ano. O Festival, dirixido pola actriz Soledad Felloza e promovido polo Pub Atlántico, celebrará 50 eventos, como mesas redondas para o público xeral sobre imaxinario atlántico, mesas sectoriais sobre lectura e animación, obradoiros de narración oral para todos os públicos e ducias de actuacións para público infantil e adulto. En breve poderase coñecer o programa completo do evento.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un mar de palabras

Un mar de palabras

O Festival Atlántica de Narración Oral arrinca hoxe con máis de cincuenta eventos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Atlántico, Uruguai, Inglaterra...