O festival Festaclown regresa a VilagarcÃa de Arousa do 19 ao 24 de agosto na que será a súa novena edición continuada. O evento é herdeiro do Festiclown, un evento de referencia que pasou por varias localidades do paÃs e que este ano cumprirÃa 25 anos . Baixo a dirección de Nacho Fungueiriño o actual festival se consolida como escaparate para espectáculos galegos de circo, maxia ou narración oral, ao tempo que lle ofrece ao público a posibilidade de gozar de compañÃas internacionais. O seu desenvolvemento polas rúas e prazas da capital arousá incide positivamente na gran afluencia de espectadores que caracteriza esta cita estival. Seguindo a liña solidaria e participativa que caracterizou o Festaclown, esta ano colabora coa Fundación Igualarte, a asociación Con Eles e o taller de teatro Clámide, para acoller varias estreas da man de compañÃas con artistas con capacidades diversas.
Con catro estreas absolutas e seis en Galicia, a carteleira conta como representantes internacionais con Circ Colokolo (Marrocos) e Tchyminigagua (Colombia). Esta última formación, que celebra o seu 40 aniversario, será a encargada de inaugurar o festival o vindeiro dÃa 19 levando os seus zancos en patÃns polas rúas de VilagarcÃa. O peche do Festaclown correrá a cargo do ilusionista e conferenciante Miguel de Lucas co seu espectáculo Magia y humor, que presenta por vez primeira en Galicia. Ofrecerase, ademais, un percorrido polo máis destacado do circo español con compañÃas procedentes de Madrid, PaÃs Vasco, Castela e León ou Valencia, comunidade desde onde chega Ameba Teatre coa estrea galega de Cataplum. Pola banda de Galicia, prográmanse os espectáculos Pepa a Loba, de Cris Collazo; A nena lentella, de Olga Abad; O útimo que apague a luz, de A Vela Circo; Contos en lila, de Cris de Caldas; Crunch 2, de Muu; Henriko, o feiticeiro, de Simplemente Enricco, e Máis Saaabor!, de Culturactiva.