O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, volve ter lugar por terceiro ano consecutivo en VilagarcÃa de Arousa, onde do 10 ao 15 agosto celebrará a súa edición máis internacional a prol da difusión e da reivindicación das artes escénicas do circo e dos pallasos a través dun programa maioritario de teatro de rúa. Esta será a súa décima oitava edición en diferentes localizacións. Na súa vindeira edición, o Festiclown desenvolverase practicamente na súa totalidade nas rúas para chegar a toda a cidadanÃa. Ademais, este ano recibe espectáculos da escena internacional, como a compañÃa belga Okidok, coa cómica Slips, a Fundación Tchyminigagua, que trae desde Colombia os seus números de zancos sobre patÃns, ou a brasileira Circo no Ato. Tamén estará Desastronauts, compañÃa integrada polo británico Girisho Gordon e por Raquel Veganzones, con sede en Galicia, que presentará o seu espectáculo Máis alto aÃnda. Nos apartados Certame Intergaláctico e Superroquiños participarán algúns dos máis recoñecidos grupos de clown, malabares e maxia, como a pallasa Natalia Outeiro “Pajarito”, con A vida tola; a compañÃa asturiana Vaques, con Ye orbayu; a vasca Malas compañÃas, con Txatarra; ou as galegas PÃscore, co seu Concerto singular (e plural), e mais Circo Chosco, con Forzu2.
O Festiclown, que tamén ofrece un programa formativo mediante tres cursos a cargo de Antón Valén, Laura Muñoz e Mago Teto, estenderase ás parroquias da vila e a outras localizacións. AsÃ, os lugares de Guillán, Carril, CastroagudÃn, Solobeira e Cornazo poderán gozar tamén de actuacións do mago Dani GarcÃa ou de Fran Rei; os nenos e nenas ingresados no Hospital do Salnés recibirán a pallasa Laura Mandarina; e os que asisten ao campamento urbano municipal vivirán a acción inaugural do festival o 10 de agosto. O carácter solidario do Festiclown quedará tamén patente na parte do programa relacionada coa acción social. AsÃ, a a Gala Solidaria Infantil, o domingo 13 no Salón GarcÃa, presentará os magos Teto e Dani GarcÃa, Os Sete MagnÃficos Máis Un e Jano Costas. A recadación destinarase aos proxectos que Pallasos en RebeldÃa desenvolven en diferentes lugares do mundo.