Mostra de homenaxe a Albino Fernández no Museo do Mar

A exposición recolle case 70 obras do artista arxentino de orixe galega polo seu centenario

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Obra de Albino Fernández que fai parte da mostra

Obra de Albino Fernández que fai parte da mostra

O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acolle estes días a mostra "Albino Fernandez (1921-2021)", unha exposición temporal froito da colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira. Carlos L. Bernárdez e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría son os comisarios desta mostra que recolle cerca de 70 gravados deste artista arxentino fillo da emigración galega, considerado unha figura fundamental da pintura e o gravado arxentino do século XX e que teceu importantes lazos con outras figuras da arte galega coma Luis Seoane. Albino Fernández naceu en Cuba en 1921, en 1929 a súa familia volveu a Galicia con el a causa da crise económica internacional, e aquí viviu ata 1932, cando emigrou de novo coa súa familia, esta vez a Arxentina onde se estableceron. Non sería ata 1963 que visitaría de novo terras galegas, momento que inspirou algunhas das obras que poden verse nesta exposición temporal. Na mostra exhíbese tamén o documental "Albino Fernández García – Centenario 1921-2021", dispoñible en YouTube. Esta mostra estará nas salas do museo vigués en Alcabre ata o 11 de setembro.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos L. Bernárdez, Documental, Museo do Mar de Galicia, Arxentina...