A Regueifa 2.0 abre unha colección de libros de fotografía

A plataforma dixital pásase ao formato papel co libro 'Passing place' de Adolfo Fernández Piñeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteFotografía
Compartir:
Capa do libro

Capa do libro

A plataforma dixital A Regueifa 2.0, selo discográfico e portal de información, ven de abrir unha nova liña de acción cultural pasándose ao formato físico, pero de papel. O libro de fotografía 'Passing Place' de Adolfo Fernández Piñeiro (Celanova, 1997) supón o debut editorial da plataforma sendo o inicio dunha colección de libros de fotografía en papel. O volume é unha crónica visual e poética dunha travesía polas Highlands escocesas na que Fernández Piñeiro "fai unha viaxe física da que abrolla irremediablemente outra singradura máis espiritual, de coñecemento interior", din na presentación. Segundo anuncian a actividade editorial de A Regueifa Plataforma 2.0 verase ampliada axiña por outra colección irmá de libros de poesía, tamén en formato físico.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Adolfo Fernández, Poesía, Celanova

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares