Evaristo Calvo será o Xograr de Outono do FIOT

O actor recibirá a distinción honorífica do certame carballés na súa 31ª edición

O actor recibirá a distinción honorífica do certame carballés na súa 31ª edición
Evaristo Calvo na gala dos María Casares de 2012. Foto: Corsino / AAAG
O actor Evaristo Calvo ( A Coruña, 1961) ven de ser designado 'Xograr de Outono' da vindeira edición do FIOT de Carballo. O Festival internacional de Outono de Teatro de Carballo, que este ano celebrará a súa 31ª edición, fixo este anuncio tras das asemblea anual dos seus socios, celebrada onte. O actor recibe así a distinción de honra deste veterano certame que o xurado do premio basea no carácter e selo propio que o intérprete soubo achegar co seu traballo ao longo da súa carreira, na que leva dedicado ao teatro desde os anos 80. O xurado lembra que Calvo ten participado en máis de 30 espectáculos durante todos estes anos, sendo tamén actor de cine e televisión. O actor asinou o pasado ano 2021 o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Na acta pola que se designa a Evaristo Calvo destácase del que "coa súa enerxía actoral peculiar, a súa agudeza creativa e o seu dilatado oficio, Evaristo soubo dar vida ás máis inesquecibles e orixinais criaturas escénicas, sendo hoxe un dos cómicos de referencia no teatro galego". O 31 FIOT celebrarse en outubro na localidade coruñesa.

Ligazóns