O intérprete Evaristo Calvo (A Coruña, 1961) asina neste 2021 o Manifesto Galego do DÃa Mundial do Teatro que cada ano promove para o 27 de marzo a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). O actor reivindica a escena "como unha arte inmortal" e os/as intérpretes que soben ás táboas en cada función como "órgano vital" do sector escénico. "As intérpretes somos un órgano vital no corpo desta arte inmortal. O teatro non vai morrer, pero hoxe sofre cando este órgano adoece de fame e medo", advirte Calvo, ao respecto da situación que atravesan os/as profesionais deste oficio por mor da pandemia, nun texto que tamén pon o horizonte no futuro. "Posiblemente, este será outro ano cunha realidade semellante a un mal soño, pero cando acordemos, o Teatro seguirá aÃ", sentencia un Evaristo Calvo que non dubida en sinalar que "volveremos celebrar que o teatro existe e con el, existimos nós".
A Xunta Directiva da AAAG escolleu a Evaristo Calvo neste 2021 pola súa longa traxectoria na escena, pero tamén por ser o presidente da AAAG durante a preparación e a celebración dos primeiros Premios MarÃa Casares que, neste anómalo 2021, chegarán á súa 25ª edición, para a que aÃnda non teñen data concretada ante as incertezas das restricións sanitarias. Xustamente, no Manifesto faise referencia aos efectos da pandemia sobre o teatro, un sector fortemente golpeado pola situación actual. "Celebramos o DÃa Mundial do Teatro cun contexto presuntamente provisorio no que está restrinxida a razón de existencia do teatro, que é a congregación, o encontro en lugar e tempo das persoas que toman parte do fenómeno artÃstico teatral", reflexiona Calvo antes de engadir que "esta peste imprevista vén a sumarse a outras pestes que parecen formar parte indisociable do noso oficio: o desemprego e a baixa consideración social dos/das artistas". O autor do Manifesto inclúe, ademais, a súa propia experiencia ao sinalar que "este intérprete, dun tempo a esta parte, sofre pesadelos ao soñar cunha sala case baleira, con contadÃsimos espectadores" con "rostros illados, distantes, inexpresivos".
Manifesto Galego do DÃa Mundial do Teatro 2021 por Evaristo Calvo.A Xunta Directiva da AAAG escolleu a Evaristo Calvo neste 2021 pola súa longa traxectoria na escena, pero tamén por ser o presidente da AAAG durante a preparación e a celebración dos primeiros Premios MarÃa Casares que, neste anómalo 2021, chegarán á súa 25ª edición, para a que aÃnda non teñen data concretada ante as incertezas das restricións sanitarias. Xustamente, no Manifesto faise referencia aos efectos da pandemia sobre o teatro, un sector fortemente golpeado pola situación actual. "Celebramos o DÃa Mundial do Teatro cun contexto presuntamente provisorio no que está restrinxida a razón de existencia do teatro, que é a congregación, o encontro en lugar e tempo das persoas que toman parte do fenómeno artÃstico teatral", reflexiona Calvo antes de engadir que "esta peste imprevista vén a sumarse a outras pestes que parecen formar parte indisociable do noso oficio: o desemprego e a baixa consideración social dos/das artistas". O autor do Manifesto inclúe, ademais, a súa propia experiencia ao sinalar que "este intérprete, dun tempo a esta parte, sofre pesadelos ao soñar cunha sala case baleira, con contadÃsimos espectadores" con "rostros illados, distantes, inexpresivos".