A importante colección de arte asiática "Buda e Shiva, Loto e Dragón: Obras mestras da colección dos Sres. John D. Rockefeller III en Asia Society" poderá verse por vez primeira en chan europeo na Fundación Barrié da Coruña. A mostra, organizada pola American Federation of Arts e o Asia Society Museum, aterrará na cidade herculina o vindeiro 20 de outubro, na sede da fundación no que será a súa primeira exhibición en Europa tras unha xira polos Estados Unidos. A colección está composta por 67 pezas de arte asiático datadas entre o século VI a.C. e o século XIX conformada por un conxunto de esculturas e obxectos suntuarios elaborados en pedra, metal e cerámica que John D. Rockefeller III (1906– 1978) e a súa dona Blanchette Hooker Rockefeller (1909-1992) coleccionaron entre as décadas dos 40 e 70 do século XX.
Os Rockefeller seleccionaron obxectos de Camboia, China, a India, Xapón, Nepal, Sri Lanka, Tailandia, o TÃbet e Vietnam que Ãan desde o uso cotián ata vasillas do ámbito imperial, cerimoniais budistas o esculturas de culto privado hinduÃsta. A Fundación Barrié organizará, ademais, unha serie de actividades complementarias. Un ciclo de conferencias con destacados expertos nas diversas materias e obradoiros didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias son algunhas das propostas previstas. A entrada a sta exposición será de balde.