A Fundación Barrié amosa a arte que buscou corpos e fogares

'Textiles de artistas' ofrece un percorrido pola historia da arte a través de tecidos deseñados por creadores de primeira liña

11/3/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Carmen Arias, directora de la Fundación Barrié y Dennis Nothdruft, jefe de exposiciones del Fashion and Textile Museum de Londres © Fundación Barrié

A Fundación Barrié retoma desde hoxe mesmo a súa liña expositiva relacionada co deseño, tanto históricio como contemporáneo, abrindo na súa sede da Coruña a exposición 'Textiles de artistas'. Esta mostra, organizada polo Fashion and Textile Museum de Londres chega por vez primeira ao territorio español grazas á fundación galega. Na exposición ofrécese un percorrido pola historia da arte do século XX a través de tecidos deseñados por artistas de primeira liña, con exemplos senlleiros que se insiren nalgúns dos principais movementos artísticos: fauvismo, cubismo, abstracción, surrealismo e pop art. Composta por máis dun centenar de obras, esta exposición presenta unha importante panorámica dos tecidos como forma de arte popular na Gran Bretaña, os Estados Unidos e a Europa do século XX. estará aberta ata o 19 de xuño deste ano.

Esta exhaustiva exposición arranca na década de 1910 con deseños dos artistas dos Omega Workshops de Bloomsbury —Duncan Grant, Raoul Dufy, Sonia Delaunay, o Ben Nicholson—, que pretendían cambiar "a errada distinción que existe entre as belas artes e as artes aplicadas". En palabras dos comisarios da exposición, Geoff Rayner e Richard Chamberlain: "Esta mostra ofrece unha notable ocasión de entrever como, en outro tempo, a xente normal foi quen de entrar en contacto coa arte moderna culta, dun xeito persoal e íntimo, mediante a roupa de diario e os accesorios do fogar”. Entre os artistas cuxa obra nestes formatos poderá verse figuran nomes como Pablo Picasso, Raoul Dufy, Salvador Dalí, Henri Matisse, Sonia Delaunay, Henry Moore, Fernand Léger, Barbara Hepworth, Ben Nicholson, Joan Miró, Andy Warhol e Alexander Calder. Adicionalmente, e de forma exclusiva, a exposición que se presenta na Fundación Barrié conta cunha selección especial de pezas de artistas e deseñadores do século XXI: teas de Howard Hodgkin para Designers Guild, téxtil deseñado por Zandra Rhodes para Valentino e téxtil-vestimenta e filme de Sterling Ruby, así como un tapiz de gran formato de Damien Hirst para HENI Editions e pano en colaboración con Alexander McQueen, obras cedidas polos propios artistas.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Historia da Arte, Pop, Bretaña...