A Cidade da Cultura acolle unha exposición sobre a relación entre surrealismo e deseño

Estará aberta ata o 28 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Román Rodríguez, Xosé Bugallo e Ana Isabel Vázquez Reboredo durante a inauguración da mostra. Foto: Rocío Cibes

Román Rodríguez, Xosé Bugallo e Ana Isabel Vázquez Reboredo durante a inauguración da mostra. Foto: Rocío Cibes

A cidade da Cultura acolle a exposición "Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020", organizada en colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación "la Caixa" e o Vitra Design Museum de Alemaña. A exposición, que estará aberta ata o 28 de agosto, é unha "antoloxía sobre deseño contemporáneo e arte surrealista máis sobresaínte dos últimos tempos, e boa mostra da revolución artística que supuxo", sinalou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. A mostra presenta unha selección de 280 obras con nomes moi destacados das vangardas do século XX como Man Ray, Le Corbusier, Salvador Dalí ou Giorgio de Chirico. A mostra estaba comisariada polo director do Museo Vitra, Mateo Kries.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O 'Facer' como motivo

O 'Facer' como motivo

A Casa RIA acolle en Santiago de Compostela a primeira exposición dedicada ao David Chipperfield deseñador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Xunta de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Alemania