Hoxe arranca na Fundación Barrié a exposición de Frank LLoyd Wright

Cando a cidade vive

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Crear unha cidade viva e flexible alternativa ás vellas cidades é o espírito que reflicte a mostra "A cidade vivinte" que se inaugura hoxe na sé coruñesa da Fundación Barrié. Unha mostra retrospectiva da obra de FranK Lloyd Wright deseñada pola Fundación Wright, Vitra Design Museum e Exhibitions International.

Wright´s Living City


O traballo en comunidade, o comercio, o culto, a aprendizaxe, as artes, o esparcemento, as vivendas son as funsións humanas básicas que recolle o concepto de cidade de desenvolveu Wright . Un deseño no que concibe unha visión humana e idelista e que concilia a natureza cos individuos libres da comunidade. A exposición que hoxe se inaugura na Coruña reúne máis de 200 obras, debuxos, planos orixinais, libros deseñados por Wright, planos e fotografías.




Frank Lloyd Whright

Frank Lloyd Wright (1867-1959) está considerado o mellor arquitecto de américa e un dos creadores do deseño moderno. A súa proposta inovadora e desafiante á expansión do automóbil e o crecemento descontrolado de barrios periféricos outorgáronlle un renome no panorama internacional. A apertura, o dinamismo, a luminosidade e a iluminación definiron en 1900 o que se coñecería máis tarde como a experiencia moderna do espacio.





Exposicións



A retrospectiva do norteamericano Wright inicia a temporada de exposicións da Fundación Pedro Barrié. Unha inauguración que coincide coa conmemoración do 25 aniversario do inicio das actividades da Escola Técnica Superior de Arquitectura.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Exposicións, Natureza, Arquitectura...