Danan o castro de Lestrobe en Trazo

O Seprona investiga a destrución de parte do parapeto e terraplén do recinto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Seprona da Garda Civil investiga a agresión ao castro de Lestrobe, en Benza (Trazo), supostamente cometida por un veciño que abriu un parapeto para facer unha pista de acceso ao interior do xacemento. Nas fotos da Garda Civil apréciase un importante impacto na muralla do xacemento, que foi acometida para facer unha pista de acceso aos terreos cultivables da croa. O xacemento, catalogado pola Xunta, está localizado ao sur da aldea de Lestrobe e é un recinto fortificado que na actualidade consta dun terraplén e un parapeto que cingue un espazo circular.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Alma de seixo

Alma de seixo

Unha intervención nun recinto prehistórico en Parada de Sil desvela o uso dun cinto de seixo na base da muralla

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Garda Civil

Claves

Entidades