O histórico fanzine Frente Comixario chega á rede

O web Archive.org recolle todas as entregas da publicación de BD ourensá

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O histórico fanzine Frente Comixario chega á rede

Da man de antigos membros do colectivo que o produciu, a colección completa do histórico fanzine de banda deseñada Frente Comixario está dispoñible na rede. O web Archive.org alberga os documentos en pdf desta publicación, nada en Ourense e que marcou o desenvolvemento da BD galega nos primeiros anos 90.

A colección que agora se publica recolle as entregas 1 a 6 do fanzine, que naceu cun número 0 a recoller traballos premiados no certame de BD da Casa da Xuventude de Ourense. Non inclúe tampouco os especiais "Pelegrín" e "Zombies" que saíron baixo a mesma cabeceira.

Entre 1989 e 1993, a publicación foi a referencia da BD galega, agrupando a grande parte dos creadores do momento e conseguindo unha tiraxe e distribución inéditas ata o momento. Ademais, albergou unha tentativa de profesionalización co lanzamento dunha colección de álbums, que só tivo unha entrega.

Vídeo a repasar os contidos de Frente Comixario 1

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Quiosco: BDletín 1

Quiosco: BDletín 1

A Biblioteca Ánxel Casal tira unha publicación centrada na banda deseñada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Xuventude, Casa da Xuventude de Ourense, Medios de comunicación