Quiosco: BDletín 1

A Biblioteca Ánxel Casal tira unha publicación centrada na banda deseñada

16/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:

Capa do BDletín 1

Correspondente ao segundo semestre de 2011, a Biblioteca Ánxel Casal de Compostela acaba de tirar á luz o número 1 do seu BDletín. A publicación especializada en banda deseñada achega nada menjos de 68 páxinas nas que se recollen, para alén de actividades e novas do propio centro, unha boa selección de recensións e artigos sobre series como As cidades escuras, as tiras de prensa americanas ou novas do sector. O volume está dispoñible integramente na rede, ao igual que a anterior entrega da publicación.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxel Casal, Banda deseñada

Claves

Protagonistas
Conceptos