Blogs, entradas en ciberenciclopedias, colaboracións en publicacións virtuais... a rede ferve

Redada: Un pouco de todo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Continúa multiplicándose aos poucos as iniciativas na rede que prestan atención á banda deseñada. Desde a revista virtual "Move", do pub Modus Vivendi, abren unha canle na que o colectivo Polaqia vai ir publicando a BD "A liña do ceo". A mesma publicación chega unha ampla entrevista a Hugo Covelo sobre este grupo de autores. Pola súa banda, un dos membros do colectivo, Brais Rodríguez, abre agora unha sección dentro do web artístico Alg-a.org. Pola súa banda, Miguel Robledo súmase á lista de autores galegos con blog, e conta, canda a outros doce creadores do país, cunha entrada propia na Comiclopedia desde o pasado día 27 de outubro. Por se fose pouco, desde o blog Sonhando Galiza, achégannos a charla con que se presentou o álbum "Vilaverzas", deste mesmo autor, o pasado mes de outubro.

"A liña do ceo" e a entrevista a Hugo Covelo na revista "Move"; a sección de Brais e Alg-a.org. o blog de Miguel Robledo; as últimas entradas na Comiclopedia ; a presentación de "Vilaverzas" en Sonhando Galiza

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brais Rodríguez, Banda deseñada, Polaqia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos