A revista galega “BD Banda” opta ao premio ao mellor fanzine do ano no Salón de Barcelona

A Banda a Barcelona

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A publicación “BD Banda” dedicada ao cómic galego foi seleccionada para optar aos premios do Salón de Barcelona na categoría de mellor fanzine. Desde comezos dos noventa, coa candidatura da revista “Frente Comixario”, non houbera unha publicación galega que optase a estes galardóns, considerados coma os máis prestixiosos de todo o Estado. A revista, que naceu no ano 2001 baixo a dirección de Kiko da Silva, está na actualidade preparando o seu quinto número e conta coa colaboración da maior parte dos autores galegos da actualidade.

Máis información na ficha de BD Banda do noso soportal e no web da revista

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, BD Banda, Kiko da Silva, Cómic...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares